Novas

A Colectiva renova a súa Xunta Directiva

24 / 05 / 2025

O 24 de maio celebrouse a Asemblea Xeral Ordinaria de A Colectiva, na que se constituíu a nova Xunta Directiva e se marcaron os obxectivos para esta nova lexislatura.

Nesta Asemblea era preciso renovar o cargo de Presidencia e propoñíase a activación de cargos que se atopaban vacantes, coma Vicepresidencia e varias Vogalías (sendo o ideal cando menos unha por provincia máis unha representante para a Unión AC). Feita a votación, esta é a constitución da nova Directiva:

Presidencia: María Xosé Fernández Iglesias
Vicepresidencia: Elena Gómez Dahlgren
Secretaria: Eva Antelo Mata
Tesourería: Cillas Rodríguez Seyde
Vogal [Pontevedra]: Ruth Lodeiro Rodríguez
Vogal [Pontevedra]: Iria Vázquez López
Vogal [Pontevedra]: Isabel Alonso Vázquez
Vogal [A Coruña]: Delio Sánchez Lojo
Vogal [A Coruña]: Laura Carrillo Neira
Vogal [Lugo]: Sergio Díaz Marey
Vogal [Unión AC]: Alejandra Pardo Martínez

As cookies axúdannos a ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, aceptas o uso de cookies.